Mancomún

Opera libera Dragonfly, un depurador de javascript para WebKit

Mércores, 7 Maio 2008

Opera vén de liberar a primeira alpha da súa nova ferramenta de desenvolvemento web, Opera Dragonfly, baixo licenza BSD. Esta versión está destinada a desenvolvedores ou xente que queira probar o seu funcionamento reportando os erros ou suxestión conseguindo mellorar e retroalimentar o proxecto.

A fundación de Opera Dragonfly traballou durante máis de dous anos e as fases que ten completadas son:

  • Entrevistas con desenvolvedores web para coñecer o uso das ferramentas de desenvolvemento e deseñar a nova ferramenta.
  • Primeiros prototipos para o inspector da árbore DOM e DOM snapshot.
  • Implementación do protocolo Scope.
  • Desenvolvemento das novas características para o depurador de Javascript e inspector de CSS/DOM.
O desenvolvemento de Opera Dragonfly fíxose dende cero tendo en mente a posibilidade de depurar aplicacións Web sobre dispositivos remotos.

A próxima versión (a alfa-2) estará dispoñible co lanzamento de Kestrel, nome en código de Opera 9.5, coas seguintes melloras:

  • Mellora da manipulación dos fíos no depurador de JavaScript.
  • Edición en liña de CSS.
  • Infraestrutura de localización.
  • Mellorar a depuración remota.

Pódese descargar o código fonte para o seu uso e estudio podendo contribuír a outros proxectos como Firebug ou Drosera.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal