EarCandy trátase dun sinxelo aplicativo que traballa con PulseAudio co cal se pode xestionar o volume do sistema dunha forma intelixente. Un exemplo claro desta afirmación é que se se está reproducindo música, no momento que se empece a reproducir unha película ou un vídeo dende unha web(como youtube por exemplo) a música será silenciada. Tamén se silenciará o vídeo cando entre unha chamada de Skype.
Todo isto favorece ao rendemento do usuario xa que permite facer varias tarefas sen ter que andar buscando a xanela do reprodutor para baixar o volume ou deter a pista de audio activa. Pero o máis importante é que hai unha interacción entre distintos aplicativos, ou cando menos que se ten información dos aplicativos que se esta executando, para que un aplicativo determinado realice unha acción aínda que o usuario non o solicite.
Este aplicativo está dispoñíbel para Ubuntu, e para descargalo e instalalo bastaría con seguir estas instrucións:
- Agregar ás nosas fontes de software as seguintes liñas
deb-src http://ppa.launchpad.net/earcandy-devel/ppa/ubuntu jaunty main
- Engadir esta chave
sudo apt-get install earcandy
Para o resto de distribucións está dispoñíbel o seu código que está liberado baixo a licenza GPL v2.
Fonte: muylinux.com
