Despois de que as negociacións con IBM fracasaran, Oracle, nunha áxil manobra conseguiu mercar Sun, por 7400 millóns de dólares. Oracle levou a cabo a operación máis importante do momento no mundo do software xa que, dunha tacada, convertese nun xigante multidisciplinar, e establécese coma xogador clave no mundo do código aberto con produtos coma OpenOffice.org ou OpenSolaris, iniciase no negocio do hardware, a linguaxe Java, estendida amplamente no ámbito empresarial e o máis importante, incrementa moitísimo o seu peso no mercado das bases de datos, ata o punto de case monopolizalo. Xa que hai lembrar que Sun mercou fai pouco máis dun ano MySql, por uns 1000 millóns de dólares.
A Xunta Directiva de Sun aprobou a compra de forma unánime, que se fará efectiva despois do verán , despois de que os accionistas e o goberno estadounidense dean a súa aprobación.
No comunicado de prensa que fixeron anunciando a compra, salientan como motivo máis importante que recae en dúas das propiedades máis valiosas de Sun: Java, unha das tecnoloxías máis usadas e coñecidas da industria e Solaris, un sistema operativo enfocado a servidores; deste xeito asegúranse o continuo desenvolvemento destas dúas tecnoloxías.
Esta compra levantou un grande interese, na comunidade do software libre, esperando movementos para ver como se encamiñan agora proxectos coma MySql, OpenOffice, etc.
