A Asociación de Bibliotecarios ANABAD-Galicia impartirá o vindeiro día 25 de outubro un curso de software libre para traballadores das bibliotecas galegas. O curso terá lugar na aula de informática da Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames. Mancomún contribuirá na formación das persoas asistentes achegando DVD de Ferramentas Informáticas para a PEME.
O curso terá unha duración de 8 horas e nel trataranse temas como:
- Introdución: Que é o software libre?
- Recursos libres específicos para bibliotecas
- Prácticas con ferramentas de software libre
- Prácticas nun entorno libre: Linux
- Prácticas no SIXB Koha
O número de prazas está limitado a 14 e para obter unha será necesario a cumprimentación do formulario de pre-inscrición…
Máis información en Anabad Galicia:
http://agabad.blogsome.com/
