Este xoves 15 de marzo na Facultade de Informática da Coruña a Asociación Universitaria Grupo de de Programadores e Usuarios de Linux, coñecida como GPUL, continúa a súa serie de conferencias, talleres e charlas “GPUL Labs“, que xa anunciamos na nova e na cal teñen lugar eventos diversos ao longo do ano arredor de tecnoloxías libres punteiras, onde se dan cita, profesionais do sector, profesores, estudantes e afeccionados ás tecnoloxías para difundir software, hardware e coñecemento libre.
Esta semana o evento da serie corre a cargo de Arantxa Serantes, cunha charla titulada “EMAPIC en el contexto de las SPATIAL HUMANITIES & pGIS“, na que nos falará de proxectos de humanidades espaciais centrándose na ferramenta Emapic, que é unha ferramenta de software libre iniciada no cartoLAB da UDC e nos permite incorporar representacións xeográficas das emocións, propostas, demandas ou calquera tipo de opinións, podendo chegar a ser un instrumento de análise no campo das “Spatial Humanities” e “Smart Cities” sobre todo no eido da participación cidadá.
Dende GPUL, lembran que aínda teñen oco para relatores e relatoras que queiran participar dunha forma máis activa dos GPUL Labs e impartir unha conferencia, un obradoiro, unha charla ou similares.
Se es unha empresa pode interesarche participar no programa de patrocinadores desta edición dos GPUL Labs.
