Ao igual que o Firefox, o reprodutor multimedia Songbird da Fundación Mozilla ten a opción de ser ampliado a través de complementos que é un dos puntos diferenciadores cos seus principais rivais.
Agora que xa é oficial a versión 1.0 do Songbird, pasamos a detallar algúns complementos que farán que a túa experiencia con este aplicativo sexa máis pracenteira.
Os desenvolvedores de Songbird recomendan que unha vez teñas instalado Songbird instales os seguintes complementos:
- Compatibilidade con dispositivos iPod
- Reprodución de formato QuickTime
- Reprodución do formato Windows Media
Pero, ademais destes complementos que che permiten escoitar a música de distintos formatos propietarios, hai outros tamén de especial interese como poden ser…
Shoutcast Radio e Last.fm, dous reprodutores de fluxo, e Concerts que che indica onde actuará calquera artista que teñas na túa biblioteca de medios. E para rematar, mashTape que che ofrece todo tipo de contido web sobre o artista que esteas escoitando, desde información, novas, fotos, e vídeos desde os máis diversas fontes: Flickr, YouTube, Wikipedia, Digg, etc…
Outros complementos interesantes tamén son:
Fonte da nova:
http://lifehacker.com/5108978/killer-add+ons-make-songbird-so-much-better
