Mancomún

Os xulgados de Finlandia e Cataluña pásanse a OpenOffice.org

Luns, 12 Novembro 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO aforro nos custes é a principal explicación de que os departamentos de xustiza de Finlandia e Cataluña  decidiran migrar todos os seus computadores a OpenOffice.org. No caso escandinavo, deixaranse de pagar dous millóns de euros en licenzas durante 10 anos, o que compensa sobradamente a inversión necesaria para formar ao persoal e adaptar os documentos actuais.

En Cataluña non se fixo público o aforro que vai xerar a migración, aínda que si se calculou que o tempo necesario de formación para cada funcionario ascende a 4 horas. Nesta comunidade pretenden pasar a OpenOffice.org todo o parque informático dos 423 xulgados de paz entre este ano e o seguinte…

 

En calquera dos casos, estas migracións xerarán, sen dúbida, procesos similares en outras institucións. En Francia ocorreu isto a raíz de que a xendarmería francesa decidira implantar OpenOffice.org nos seus 80.000 computadores. En Euskadi aínda non se produciu ningunha migración desta magnitude, se ben é certo que se están realizando probas en diversos departamentos, que se realizaron varios cursos de OpenOffice.org nos KZgunea e que o Departamento de Educación imparte formación sobre este programa aos profesores dentro do seu plan de innovación educativa.

 

Fonte:
http://www.enpresadigitala.net/castellano/noticias/noticia_concreta.jsp?id=3127

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal