Mancomún

OSKARI: Ferramenta do goberno de Finlandia para a creación de mapas

Martes, 9 Agosto 2016

Ferramenta OSKARIA través do blog das IDEE facémonos eco do proxecto OSKARI, unha ferramenta de software libre desenvolvida pola National Land Survey, do goberno de Finlandia, que permite a creación de aplicacións de mapas baseadas nunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) distribuída.

A potencialidade desta ferramenta é que permite a creación de diferentes visores web de mapas sen necesidade de programar. Isto permite, a partir dos datos publicados nunha IDE, xerar diferentes visualizacións a través de mapas que permiten combinar e analizar todos eses datos xeográficos segundo o contexto que máis interese.
Está sendo empregado en varios proxectos como o Xeoportal da IDE do Ártico na que participan varios países como Canadá, Dinamarca, Finlandia, Islandia, Noruega, Rusia, Suecia e Estados Unidos, ou na propia IDE nacional de Finlandia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal