Mancomún

OsmAnd cumpre 10 anos

Xoves, 2 Xullo 2020

OsmAnd (aplicación de código aberto para visualizar mapas e utilizar servizo de navegación) cumpre 10 anos, período no que a aplicación móbil pasou a utilizarse en todo o mundo por 2 millóns de usuarios activos ao mes.

Desde a empresa comentan:
“Durante estes 10 anos, fomos un proxecto de código aberto sen anuncios na aplicación ou ferramentas de recolección de datos. Considerámonos parte da gran comunidade OpenStreetMap. Por tanto, seguiremos sendo un proxecto de código aberto sen anuncios ou ferramentas de recompilación de datos dos usuarios durante outros 10 anos.”

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal