Mancomún

OTRS: Sistema de soporte técnico online en Software Libre

Mércores, 7 Maio 2008

OTRS son as siglas en inglés de “Open-source Ticket Request System” ademais do nome dun programa en Software Libre que permite xestionar este tipo de tarefas. Con este software calquera empresa ou institución pode asignar identificadores únicos chamados tickets a solicitudes de servizo ou de información, de forma que faciliten o seguimento e manexo de ditas solicitudes así como de calquera outra interacción cos clientes ou usuarios.

Ademais, tamén teñen dispoñible o software OTRS::ITSM, tamén en Software Libre, que nos permite levar o proceso de xestión da calidade do software que desenvolvemos…
Este software poderémolo probar accedendo á súa páxina de demos, onde poderemos probar as dúas aplicacións con distintos roles de usuarios para poder ver todas as funcionalidades das aplicacións.
 
Páxina da comunidade OTRS:
http://otrs.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal