Visto na páxina web de OUSLI :
“Este ano voltamos a celebrar as Xornadas sobre “Programación Web en Software Libre”.
A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os poñentes, horarios, duración, temática, prezo … ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas ás que che gustaría asistir!!.
Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:
- Elixe o programa: Neste apartado poderás votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elixidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
- Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
- Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademais coñeces alguén que poida dar a conferencia refléxao na descrición. ¡¡Envía a túa proposta!!.
- Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calquera dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.
O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!
A data límite para o envío de propostas e Call for papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59.”
