Mancomún

OUSLI organiza un Hackmeeting polo nadal

Martes, 23 Decembro 2008

OUSLI, a Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, organiza durante as vacacións de nadal dous días de Hackmeeting co propósito de que os seus socios se reúnan e participen destas xornadas centradas en GNU/Linux. Aínda que convocatoria está principalmente dirixida aos socios de OUSLI, tamén estarán abertas a calquera persoa que queira asistir ao encontro.

Esta iniciativa, que xa celebrou a súa primeira xornada o pasado día 21, pechará o programa o vindeiro día 27 en horario de 12:00 a 20:00 horas nos locais da asociación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. No transcurso do mesmo realizaranse todo tipo de actividades relacionadas co software libre, así como obradoiros e relatorios improvisados polos participantes.

A actividade está patrocinada por Mancomún, en virtude do convenio asinado coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Fonte: OUSLI

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal