Mancomún

Pablo Castro da FIC da UDC gaña un do premios do Concurso Universitario de Software Libre

Mércores, 18 Maio 2016

O pasado xoves 5 e venres 6 de maio tivo lugar na Escola Técnica superior de Enxeñería Informática de Sevilla a fase final da décima edición do Concurso Universitario de Software Libre, onde participaron máis de 75 estudantes de toda España e se expuxeron 47 proxectos de código libre.

Pablo Castro, estudante da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña resultou premiado na categoría de Mellor proxecto de tecnoloxías móbiles, co seu proxecto VACmatch, para a xestión de competicións deportivas con software libre.

Na imaxe, posan os galardonados nesta edición do Curso Universitario de Software Libre
Todos os finalistas presentaron os seus proxectos ante o público e foron premiados nas súas correspondentes categorías. Os proxectos premiados nesta edición foron os seguintes:

  • Premio especial ao mellor proxecto de tecnoloxías móbiles: VACMatch de Pablo Castro Valiño (Universidade da Coruña).
  • Premio especial ao mellor proxecto de tecnoloxías na nube: SyncMe de Adrián Rodríguez Bazaga (Universidad de La Laguna)
  • Premio especial al mellor proxecto Internet of Things (IoT): CarontePass de Héctor Manuel Figueras Hernández (Universidad de La Laguna)
  • Premio especial al mellor proxecto Educativo: Teacher tracker de Juan Carlos González Cabrero (Universidad de Valladolid)

Durante os dous días do concurso, ademais da presentación dos proxectos finalistas, as empresas patrocinadoras impartiron diversas charlas sobre o Software Libre e o mundo profesional, falaron sobre os seus modelos de negocio centrados neste campo e da sua enorme importancia no ámbito universitario. Entre as conferencias houbo representantes de: Esri España, redborder, PandoraFMS, Drupalera, Wadobo, Wikimedia España e Solutia IT.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal