Papyrus reports é un motor de informes de código aberto para GNU/Linux. Papyrus permite xerar informes dende distintas fontes de datos (Postgres, MySQL, Oracle, …) tendo o resultado en formato PDF, PostScript, XML, HTML, DVI, Latex ou en texto plano.
O linguaxe XML de Papyrus está orientado ao formato tendo a posibilidade de deseñar os informes dun xeito sinxelo. O ficheiro XML contén as consultas SQL a base de datos, operacións, formato e maquetación dos datos. O funcionamento do motor faise en dúas fases: na primeira execútanse todas as operacións e sentencias SQL. Na segunda fase xestiona todo o formato e maquetación.
Base de datos soportadas de xeito nativo:
- PostgreSQL
- MySQL
- Oracle
Base de datos soportadas a través de Gnome DB:
- sybase
- ldap
- interbase
- mdb
- sqlite
Papyrus reports pódese descargar dende a páxina do proxecto.
Para o deseño dos informes en XML pódese utilizar o editor Conglomerate que está deseñado para facilitar o traballo a hora de escribir documentos XML. Na seguinte ligazón pódense ver máis características de Conglomerate:
