Na páxina do Grupo de tradución ao galego das aplicacións de Mozilla acábase de publicar unha primeira versión do paquete de idioma para o Firefox 3, que agora mesmo está en versión Beta 1. Esta tradución foi levada a cabo conxuntamente con membros de Mancomun.org.
Ademais, aínda está nunha primeira fase de probas (mais é totalmente funcional) polo que pedimos que se envíen os informes de erros detectados na tradución á rolda de http://galician.mozdev.org. Asemade, tamén se busca xente para colaborar na tradución. Podedes consultar máis información na rolda de correo.
Na rolda, tamén se publica hoxe o corrector ortográfico para o Firefox 3. Unha das grandes melloras de Firefox 3 é que inclúe o motor de corrección do OpenOffice.org (Hunspell) polo que agora o corrector do Firefox é o mesmo que o do OpenOffice.org coas mesmas características…
Todas as descargas están dispoñibles adxuntas nos correos electrónicos do arquivo da rolda. Compre salientar que na rolda de correo de http://galician.mozdev.org, os adxuntos perden a súa extensión .xpi polo que haberá que gardar a descarga do ficheiro .bin e cambiarlle a extensión a .xpi.
Estado actual da tradución do Firefox 3 (Beta 1):
| Total de cadeas |
Traducidas |
Sen traducir |
| 5679 | 3826 | 1853 |
