Mancomún

Paquete de idioma galego para Firefox 3.5

Luns, 28 Setembro 2009

Como anunciamos xa no seu día  o Firefox 3.5 pode descargarse directamente en galego dende a web de Mozilla. Nos últimos días recibimos consultas sobre a posibilidade de dispoñer dun paquete de idioma galego para o Firefox 3.5 do mesmo xeito que existía para as anteriores versións.

A resposta é positiva. A fundación Mozilla fornece estes paquetes de idioma coa mesma tradución do Firefox 3.5 en galego. Están dispoñibles para a súa descarga nas seguintes ligazóns:

  • Paquete de idioma galego para Firefox 3.5.* Linux
  • Paquete de idioma galego para Firefox 3.5.* para Mac
  • Paquete de idioma galego para Firefox 3.5.* para Windows

Paquetes de idioma en addons de Mozilla.

Mentres non se conseguiu integrar a tradución de Firefox de maneira oficial en Mozilla, Mancomún elaborou e publicou os correspondentes paquetes de idioma na web de addons de mozilla.

Aí poden atoparse dúas versións dos paquetes de idioma galego

  • Para as versións 2.0.* de Firefox

  • Para as versións 3.0.* de Firefox

Aínda non existe a versión para o Firefox 3.5.* porque ao estar dispoñible xa co galego integrado non se considerou prioritario fornecer o paquete de idioma e porque, de facelo, habería que actualizar o paquete das versións 3.0.*. Nese momento quen o teña instalado recibirá un aviso de “Dispoñible a actualización da extensión Paquete de idioma galego” que ao tentar instalala avisará de que non é compatible co Firefox 3.0 o que obrigaría a actualizarse ao Firefox 3.5.

Por outro lado, hai que destacar que as extensións ou complementos publicados na web de Addons de Mozilla non reciben ningunha revisión por parte da Fundación Mozilla e non son oficiais. É dicir, calquera persoa pode elaborar o seu propio paquete de idioma, mesmo cunha tradución diferente da integrada en Mozilla, e publicalo nesta web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal