Mancomún

PDFCreator, converte os teus documentos a PDF

Xoves, 5 Febreiro 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/pdfforge.jpgPDFCreator é unha ferramenta en software libre que nos permite, dunha maneira moi sinxela, crear ficheiros PDF desde case calquera aplicación de Windows (se usas calquera distribución de Linux, esta opción xa a adoita traer de modo predeterminado, ao poder imprimir directamente nun ficheiro PDF/PS).

As características de PDFCreator son:

  • Creación de PDF desde calquera programa que teña a opción de imprimir.
  • Seguridade: cifrado de PDF e protección para apertura, impresión, etc…
  • Envío dos PDF xerados por correo-e.
  • Exportación a outros formatos, non só PDF: PNG, JPG, TIFF, BMP, PCX, PS, EPS.
  • Xuntar varios PDF nun só ficheiro.
  • Instalación sinxela.
  • PDFCreator é libre, liberado baixo os termos da licenza GPL.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal