PDFreaders.org é un proxecto da Free Software Foundation de Europa (FSFE) que pretende promover o uso de aplicacións abertas para a lectura do formato PDF.
PDF é un formato popular para a publicación de texto e documentos formatados, e do cal existen diversas versións, algunhas clasificadas como estándar aberto, outras certificadas como ISO e outras cheas de patentes de software.
A seguinte táboa está extraída da páxina orixinal de PDFreaders e inclúe unha lista de programas en software libre que permiten a visualización de PDF en distintos sistemas operativos:
| Windows | MacOSX | Sistemas Operativos Libres [1] | |
| Evince | – | – | Descarga |
| KPDF | – | – | Descarga |
| Okular | Descarga [2] | Descarga [2] | Descarga |
| Skim | – | Descarga | – |
| Sumatra PDF | Descarga | – | – |
| Xpdf | – | – | Descarga |
| Yap | Descarga [2] | – | Descarga [2] |
[1]
A maioría dos sistemas operativos libres xa inclúen este software polo que non será necesario a súa descarga adicional
[2]
Pode necesitar software de terceiras partes para o seu correcto funcionamento.
Máis información sobre o proxecto en:
http://pdfreaders.org/
Máis información sobre a FSFE en:
http://fsfeurope.org/
