Mancomún

Performous, a alternativa libre a Sing Star

Mércores, 2 Decembro 2009

PerformousAcaba de liberarse a última versión da alternativa libre a Sing Star, Performuous 0.4. Está nova versión supón un gran avance, xa que conta con melloras moi significativas respecto ás versión anteriores.

As principais novidades son:

Para guitarra, baixo e batería:

  • Utilización das cancións en Frets on Fire / formato fofix

  • Todos os temas (incluíndo as voces) son compatíbeis

  • Detección automática de calquera conexión de instrumentos de Guitar Hero e Rock Band

  • Compatibilidade para usar un teclado como controlador de guitarra (estilo de fluxo de fondos)

  • Mellorada a compatibilidade hammer-on/pull-off respecto a outros xogos

  • O motor trata de achar a intención do xogador en lugar de escoller os acordes máis próximos

  • Modo multixogador para tantos xogadores como instrumentos existan

  • Visualización completa en 3D

En xeral:

  • Comentarios textuais para os cantantes despois de cada liña

  • Tenta achar o fondo, a imaxe da portada do disco e os vídeos polos nomes de ficheiro (se non están especificados nos ficheiros das cancións)

  • Gráficos SVG

  • Os cambios importantes nas partes internas, incluíndo un mesturador de son completamente novo,

  • Sempre se empregue a resolución de escritorio para o modo de pantalla completa (en lugar de modo de conmutación)

  • Moitos erros menores corrixidos.

Performous foi coñecido anteriormente como UltraStarNG e comezou simplemente imitando ao Sing Star, deu un xiro significativo ata converterse no que é hoxe. Sing Star e Performous defiren agora bastante en termos de funcionalidades, como por exemplo, o percorrido das notas musicais e mailos precisos picos de canto. Como tamén unha onda debuxada na pantalla como engadido ás letras. Isto permite cantar sen interrupcións e corrixir doadamente os puntos de canto con total precisión.

Fonte: linuxjuegos.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal