Mancomún

Petición de contribucións para as Xornadas Multimedia con SwL de GPUL

Venres, 10 Xuño 2011

Logotipo de GPULDende GPUL anuncian que, retomando o espírito das xa consolidadas «Xornadas de Audio e Gráficos con SL» (tres edicións), están a organizar as novas «Xornadas Multimedia con SL» que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 12 e 13 de xullo de 2011.

Con este anuncio fan un chamamento á participación nas mesmas, convidando a todos os interesados en temas multimedia en xeral a participar activamente nas xornadas, enviando unha proposta de charla ou obradoiro e, por suposto, a asistir ás xornadas.

Aqueles interesados en propoñer un relatorio ou obradoiro deberán facelo atendendo as seguintes instrucións.
Requisitos de presentación

  • Temática: estará relacionada co Software Libre e coa temática das xornadas (render, animación, deseño gráfico, vídeo, audio…). As propostas poden ter todo tipo de enfoques: divulgativo, desenvolvemento, investigación…
  • Lingua: poderanse presentar propostas en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
  • Software: todo software referenciado debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF.
  • Gravación e distribución dos contidos: o poñente autoriza a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuír tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención, baixo unha licencia libre (segundo a FSF).

Envío de propostas

  • Pódense formalizar as propostas a través do formulario habilitado ao efecto ou ben por correo a xm@gpul.org, indicando:
    • Temática
    • Título
    • Nome do poñente
    • Enderezo electrónico
    • Teléfono de contacto (opcional)
    • Empresa/Institución á que pertence
  • Duración aproximada: recomendado 45 min./máximo 90 min.
  • Resumo: o máis completo posible sen estenderse demasiado
  • Solicita axuda de viaxe: Si/Non
  • A data límite para a recepción de propostas será o 25 de xuño.
  • A data de notificación da aceptación das propostas será o 27 de xuño.

Para obter máis información pódese contactar coa organización a través do enderezo xm@gpul.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal