As tradicionais xornadas sobre Software Libre de Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, GPUL, chegan á súa novena edición. As datas previstas para a súa celebración son do 30 de marzo ao 3 de abril de 2009.
Segundo informan a través da súa páxina web, o encontro consistirá nunha serie de charlas e obradoiros con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, os estándares abertos ou mesmo a cultura libre.
As xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar nelas, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo a elas.
Os/as interesados/as en realizar algunha charla/obradoiro/actividade ten que enviar unha proposta, que inclúa o título e un pequeno resumo comentando a actividade proposta a info@gpul.org. A data límite para a aceptación de propostas é o 20 de marzo de 2009.
É importante, ademais, incluír a seguinte información adicional:
-
nivel de coñecemento requirido da audiencia (básico-medio-alto) para o aproveitamento da actividade
-
duración da actividade (tratando no posible que non sexa superior a 1 hora)
-
dispoñibilidade do relatores (días, horas…), para a confección do programa final das xornadas
-
necesidades loxísticas para a realización da actividade
Fonte: GPUL
