Os días 30 e 31 de outubro celebrarase a PHP Barcelona Conference 2009, unhas xornadas de traballo con charlas e obradoiros onde se reunirán todos os interesados nesta linguaxe de programación. Hai quen considera estas conferencias un dos eventos sobre PHP máis importante de Europa.
Esta terceira edición conta con moitas novidades: dous días de duración (venres e sábado), distintas actividades (charlas teóricas, talleres prácticos e concursos de programación), dous idiomas principais (español e inglés), tres liñas de presentacións en paralelo…
Dende a súa páxina web pódense consultar os horarios programados e o tema de cada unha das charlas que terán lugar.
Estas conferencias están organizadas polo PHP Barcelona User Group, unha organización sen ánimo de lucro adicada á difusión e ao intercambio de coñecemento entre a comunidade de desenvolvedores PHP de Barcelona e arredores.
