PhpList preséntase como unha boa alternativa ao popular Mailman. Trátase dun aplicativo de código aberto para a xestión de listas de correo electrónico. Está deseñado para a divulgación de información, como poden ser boletíns, novidades ou publicidade a unha lista de subscritores.
A linguaxe empregada para o seu desenvolvemento, como o seu propio nome indica, é o PHP, e ademais emprega unha base de datos MySQL para almacenar a información. A licenza coa que se distribúe este aplicativo é a GPL.
O PhpList dispón dun completo sistema de administración das listas de correo, as persoas usuarias dispoñen de mensaxes vía web e cunha gran variedade de idiomas. Realiza o envío das mensaxes de maneira intelixente, revisando posíbeis erros ou posíbeis paradas do servidor. Os subscritores tamén teñen acceso para xestionar a súa subscrición.
PhpList conta cunha inmensa gama de características, das cales as máis sobranceiras son:
-
A interface web permite escribir e enviar mensaxes e a xestión a través de Internet.
-
Se o envío falla (por limitacións do servidor) pódese retomar o envío dende onde fallou evitando así o envío duplicado.
-
Confirmación de usuarios por doble opt-in.
-
Permite levar un control de rebotes de forma que os correos non válidos elimínanse da lista. (Para poder empregar esta característica fai falta ter compatibilidade con IMAP no servidor)
-
Control de clicks, permite facer un seguimento dos clicks que se fan.
-
Personalización dos correos electrónicos co nome de usuario.
-
As persoas usuarias poden darse de baixa directamente ao recibir a mensaxe seguindo unha das ligazóns que se lle engaden automaticamente.
-
Pódense enviar as mensaxe como texto e como correo electrónico.
-
Pódense enviar ficheiros adxuntos .
Para poder acceder a páxina de phplist onde se citan todas as características coas que conta este aplicativo preme nesta ligazón.
Fontes: http://www.factoriadigital.com/ir.php/a/aplicaciones-web-gratis/phplist
http://nideaderedes.urlansoft.com/2007/03/05/phplist-un-excelente-gestor-de-boletines/
