A comunidade de KDE e PINE64 anunciaron a dispoñibilidade do PinePhone KDE Community Edition, nova variante con Plasma Mobile.
Características do móbil:
SoC Allwinner A64 Quad Core con gráfica Mali 400 MP2, pantalla LCD de 5,95 polgadas (1440×720 píxeles), 2 ou 3 GB de RAM, 16 ou 32 GB de eMMC, USB Type-C, cámara traseira de 5 MP e dianteira de 2 MP, batería extraíble de 3000 mAh, conector Jack de 3,5mm.
Soporte para GPS, GPS-A, GLONASS e conta con interruptores para as conexións LTE/GNSS, Wifi, micrófono, altofalantes e cámaras para mellorar a privacidade.
Vídeo onde ver as características do móbil
