PINE64 e postmarketOS anunciaron que se poderá reservar o PinePhone postmarketOS Community Edition a partir de xullo deste ano.
postmarketOS está en fase de desenvolvemento (estes dispositivos están destinados para xente que quere experimentar cos aparellos e non para usuarios finais).
A contorna gráfica que incluirá o PinePhone con postmarketOS será Phosh, interface baseada en GNOME Shell desenvolvida por Purism. O hardware será o mesmo que monta a versión previa do PinePhone.
