Mancomún

PineTab dispoñible para reserva

Xoves, 11 Xuño 2020

Xa se pode reservar a PineTab, unha tablet con Ubuntu Touch instalado.

Existen dúas opcións de compra: a tablet e un combo de tablet máis teclado (retroiluminado e con suxeición magnética).

Pensada para usuarios que queiran probar un dispositivo de baixo prezo con Linux táctil e que ofrece opcións para instalar e probar outros sistemas operativos.

Especificacións técnicas da PineTab:
Sistema operativo Ubuntu Touch, Allwinner A64 Quad Core SOC con GPU Mali 400 MP2, 2 GB de RAM LPDDR3, pantalla LCD capacitativa de 10″ MiPi 720 p, ranura para tarxeta Micro SD, 64 GB eMMC, espazo M.2 opcional, batería de 6000 mAh, múltiples placas de expansión para LTE, LoRa e SATA SSD.
Prezo de 99.99$ máis gastos de envío.

Máis información na web oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal