Mancomún

Plogger, unha galería web de imaxes en código aberto

Martes, 8 Setembro 2009
PloggerPlogger é unha alternativa de código aberto para colgar galerías fotográficas en calquera sitio web.

O sistema ofrece bastante posibilidades, sen perder un ápice de sinxeleza. Baséase nun panel de administración no que se pode xestionar o aspecto das galerías dunha maneira rápida e cómoda. Para que funcione correctamente bastará con ter os requirimentos mínimos no noso servidor: MySql 3.23 (ou superior), GD 1.0 e php4 (ou superior) e ademais insertar unhas cantas liñas de código php – concretamente tres.

Entre as melloras que trae a versión máis nova, destacan as seguintes: a posibilidade de construír modelos propios, cada galería integra agora o servizo XML, fornece asistencia en máis idiomas, editor en liña de AJAX, entre outras.
A web do proxecto ofrece a posibilidade de probar as demos, amosando que, sen dúbida, trátase dunha boa alternativa a considerar se se vai a traballar con galería de fotos nun sitio web.

Fonte: Plogger

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal