Mancomún

Policía francesa: «aforramos 50 millóns de euros con software libre como Ubuntu»

Xoves, 12 Marzo 2009

{mosimage}Un recente informe da Gendarmería francesa destaca o aforro de 50 millóns de euros tras a adopción de software de código aberto e a migración dunha parte dos seus equipos desde Windows a Ubuntu. Agora planean migrar á distribución GNU/Linux todas as súas estacións de traballo, 90.000 equipos, até o ano 2015.

A policía nacional francesa comezou a transición ao software de código aberto en 2005, coa substitución de Microsoft Office por OpenOffice.org en toda a organización. Gradualmente foi implantando outros aplicativos libres como Firefox ou o cliente de correo electrónico Thunderbird.

Tras o lanzamento de Vista, decidiron migrar a Ubuntu desde Windows XP comezando por 5.000 máquinas. “O cambio foi moi sinxelo” e tras o éxito das probas, os plans estendéronse até 2015, coa migración de 15.000 equipos por ano até completar a base de computadores instalada.

Xavier Guimard, tenente coronel da Gendarmería, indica que rebaixaron o orzamento informático nun 70%, sen perda de capacidade, cun aforro estimado de 50 millóns de euros . Ademais, as tecnoloxías baseadas en estándares, dan máis liberdade para elixir provedores e facilita interoperar con outras redes gobernamentais, destacan.

Fonte: The Inquirer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal