
A empresa Black Duck Software analizou recentemente a súa base de datos Black Duck KnowledgeBase co propósito de estabelecer que linguaxes de programación son máis populares no desenvolvemento de proxectos.
Segundo a análise de todos os aplicativos categorizados como código aberto, existe un claro dominio de C, co 40,9 %, seguido por C++ co 14% e Java co 10,9%. Estes son seguidos por Shell (8,96%), Javascript (5,55%), PHP (4,86%), Perl (3,19%), Phyton (2,74%), SQL (1,60%) e C# (1,24%). Para acadar estes resultados discrimináronse os datos históricos por linguaxe e a cantidade de liñas de código.
Comparando os resultados destes proxectos cos presentados nos últimos 12 meses, pódese ver unha situación similar pero cunha tendencia cambiante. C, C++ e Java perderon arredor de 0,6 e 0,7 % mentres que Javascript incrementouse nun 2%. Tamén subiu o uso de SQL (1,1%), PHP (0,3%) e Ruby (0,2%).
Fonte: The H Open Source
