Mancomún

Portable Ubuntu (for windows), sinxelo e funcional

Luns, 6 Abril 2009

{mosimage}Portable Ubuntu para Windows é un proxecto de Claudio César Sánchez Tejeda que permite dispoñer dun sistema Ubuntu que funciona como se fose un aplicativo de Windows máis. Construíuse co núcleo Colinux, o servidor de xanelas Xming, e Pulseaudio como servidor de audio.

O enfoque deste desenvolvemento non pode ser máis práctico, xa que está pensado para cando necesitamos traballar con máquinas en que está instalado un Windows Vista. O  proxecto non é só quen de facer funcionar todo o sistema como aplicativo empotrado senón que tamén é posíbel utilizalo como portátil, e así pode ser levado nun dispositivo de memoria USB.

As súas mellores funcionalidades son:

  • Que funciona (na maioría dos casos, na maioría dos sistemas).
  • Que cabe nunha memoria portátil de certa dimensión e funciona directamente a partir dela.
  • Que traballa sobre, e garda nos cartafoles de Windows.
  • Que é persistente, os cambios e aplicativos que instala van co sistema.
  • Que se xestiona doadamente en Windows, e funciona moi ben en dobres monitores.

Windows trátao como calquera outro programa. Pode cerrar xanelas de aplicativos individuais desde a súa barra de tarefas e saltar entre xanelas do escritorio con facilidade.

Como poñelo a andar?

Descargue o paquete Portable Ubuntu (preto de 438MB) e, a continuación, faga dobre clic para descompactalo nun cartafol. No Vista ou Windows 7, terá que abrir a xanela de ordes (prompt) como administrador (prema a tecla Windows, escriba cmd e, a continuación, faga clic co botón dereito sobre o “prompt de ordes” opción que aparece e seleccione “Executar como Administrador”); sobre XP, probabelmente só terá que escribir unha liña de ordes. Diríxase ao cartafol onde extreaeu o seu Ubuntu Portable, introduza run_portable_ubuntu e prema Intro para que se produza o lanzamento do ficheiro .bat (script).

A partir de aí pode ver algunhas instrucións para “Desbloquear” coLinux e algúns outros aplicativos no seu sistema. Desbloquéeos todos eles, e finalmente obterá unha nova Barra de menú no seu escritorio. Colóquea onde lle sexa cómoda e xa está listo para traballar.


A barra de tarefas é a estándar de Ubuntu e pode realizar desde ela calquera operación típica de usuario de Linux sen precisar o contorno completo de escritorio. Ao lanzar un programa, este aparecerá como calquera outra xanela do seu sistema Windows. Se abre un navegador de ficheiros, con “Lugares”, pode chegar aos seus ficheiros de Windows no cartafol / mnt / C (ou substituír o nome da unidade/letra a “C”). Poderá así levar consigo Audacity, GIMP, ou outros programas que faltarán nunha instalación de Windows equivalente e xa poderá comezar a producir con elas.

Calquera que sexa o cambio que faga, o seu sistema gardarallo: de querer instalar o reprodutor VLC media, pode instalalo desde Engadir/Eliminar ou resolvelo manualmente no Accesorios-> Terminal, e a icona irá aparecer no menú de son e vídeo. O mesmo vale para aplicativos do sistema ou de tuneado (tweaks) que pode engadir ao seu pequeno paquete de Ubuntu.

Ubuntu Portable é un excelente modo para probar as cousas máis vangardistas, sen ter que se preocupar de embarullar o seu contorno de traballo, se este fose Windows. Probar a última versión beta do Firefox 3.1/3.5? É aínda máis doado de executar que a solución portátil e pode manter tanto o de Windows como o Firefox de Ubuntu Portable aberto á vez.

Tal como consta no cartafol de documentación, o contrasinal estándar do sistema é 123456.

Fonte gHacks.net
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal