A particular distribución GNU/Linux chamada gOS Cloud será a encargada de gobernar o sistema de arranque instantáneo que se incluirá nos novos netbooks con pantalla táctil de Gigabyte.
Os sistemas de arranque instantáneo son unha das modas máis interesantes dos últimos tempos en informática: poder dispoñer dun sistema mínimo cun navegador e algunhas ferramentas máis para unha sesión rápida co tu PC ou portátil é unha característica moi desexable, e xa hai varios proxectos neste sentido.
Non obstante, víronse poucas aplicacións prácticas, pero os novos netbooks de Gigabyte (probablemente, variantes do M912V) integrarán un sistema deste tipo baseado na distribución gOS Cloud, que estará adaptada a este tipo de solución. Así o anunciou Good OS, máis coñecido como gOS Linux e que debutara nos hipermercados Wal-Mart, no transcurso do Netbook World Summit de París, no que se adiantou a noticia e que comezará a demostrar as prestacións dos equipos no CES de xaneiro.
No enderezo http://www.thinkgos.com descríbense as principais características de Cloud, entre as que se comentan o panel de iconas dentro do navegador que se oculta automaticamente e é doadamente personalizable.
