Mancomún

Portátiles con Linux

Venres, 13 Marzo 2009
Chegáronnos novas dunha interesante iniciativa comezada por unha empresa galega: portatilesconlinux.com . http://mancomun.org/images/stories/portatil-linux.jpg

Os responsables desta iniciativa , conscientes da dificultade de atopar á venda computadores e portátiles con sistemas operativos que non sexan de Microsoft, decidiron fomentar o uso de alternativas libres, desmarcándose das imposicións do mercado.

Esta empresa galega vende computadores de sobremesa e portátiles con GNU/Linux. Ofrecen a posibilidade de gozar do sistema operativo libre Ubuntu (ou calquera outro do seu gusto) dende o primeiro momento trala compra. O cliente non ten que preocuparse da instalación nin da configuración, os computadores veñen con todos os programas, codecs e aplicativos necesarios para realizar calquera tipo de tarefa.

Entre a oferta desta empresa atopamos portátiles e computadores de sobremesa con GNU/Linux, ou con instalación dual, cun sobrecargo pola licenza do sistema de microsoft.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal