Mancomún

Prácticas de empresa en Igalia neste verán de 2009

Luns, 11 Maio 2009

IgaliaIgalia infórmanos da convocatoria de prácticas na súa empresa para este verán:

"Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por oitavo ano consecutivo a posibilidade de realizar prácticas na empresa durante este verán nas súas instalacións de A Coruña ou Pontevedra, a enxeñeiros en Informática ou enxeñeiros técnicos en Informática con máis do 50% dos créditos superados.

Por que o facemos?

  • A maioría de nós fixemos prácticas en empresa cando eramos estudantes.
  • É unha boa forma de devolverlle algo á Universidade da que vimos.
  • Tamén é unha boa maneira de contratar xente. Case o 50% das persoas que fixeron prácticas connosco no pasado forman parte da empresa na actualidade.

Como son?

  • Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre e 25 horas para redactar a memoria.
  • Axuda de 1,200 €.

Se estás interesado en optar ás prácticas, o período de recepción de solicitudes abrangue dende hoxe (11 de maio) até o 22 de maio"…

"Por favor, envíanos a túa carta de presentación, CV e copia do expediente académico a rrhh@igalia.com, indicando "[internship] Apelido, Nome" no subject.
Máis información: http://www.igalia.com/igalia/workwithus/internship/"

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal