Mancomún

Presentación da nova versión de Ainfovac

Luns, 26 Maio 2008
O próximo venres 30 de Maio ás 16:30 terá lugar o Acto de Difusión que leva por título: “Ainfogra.com. Software Libre e Eido Rural. Presente e Futuro”. O acto terá lugar no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco – A Coruña), pertencente á Federación de EFA de Galicia.
Ainfogra é un proxecto dirixido a achegar o Software Libre ao medio rural a través da difusión, formación e o desenvolvemento de Software de Xestión Integral especificamente destinado ao medio rural. Este último punto unha das súas prioridades.

Neste acto terá lugar a presentación da nova versión do Software Libre AinfoVac 0.4.1 (Xestión Integral de Explotacións AgroGandeiras). O traballo de desenvolvemento levado a cabo nos últimos meses supón un avance cuantitativo e cualitativo importante respeito da última versión publicada (novembro 2007).
 
PROGRAMA DO ACTO:
16:30 Presentación
16:45 O Proxecto Ainfogra – Resultados presentes e perspectivas de futuro
17:00 AinfoVac. Software Libre de Xestión Integral de Explotacións Agrogandeiras
17:30 Intervención autoridades
17:45 Viño de honra

NOVIDADES:
– Presentación da nova versión de AinfoVac 0.4.1
– Presentación da nova web do proxecto. www.ainfogra.com

 

Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 733 051 ou no correo electrónico ainfogra@efagalicia.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal