Mancomún

Presentación da web do proxecto ALIAL en TECNIMAP

Luns, 12 Abril 2010

Proxecto ALIAL

A Federación nacional de empresas de software libre, ASOLIF (Asociacións de Software Libre Federadas) presentou no Tecnimap 2010 , celebrado a semana pasada en Zaragoza, os primeiros resultados do proxecto ALIAL, no que colaboran entidades como CENATIC e a Universidad de La Laguna, a través da súa Oficina de Software Libre.

ALIAL, Aplicación Libres para as Administracións Locais é un proxecto que busca coordinar esforzos para posibilitar que as administracións públicas locais vexan no software libre un aliado necesario para abordar as demandas da cidadanía. Os principais obxectivos do mesmos son:

  • Promover o desenvolvemento de aplicativos libres para as administración públicas locais de pequeno tamaño. Desenvolverase un catálogo de solucións propostas.
  • Favorecer o compartimento de recursos e solucións entre AA.PP. locais.
  • Asegurar a interoperabilidade das solucións desenvolvidas e tamén coas solucións xa existentes, así como coas de outras AA.PP. que interactúen con elas.
  • Reducir os custos de implantación dos aplicativos desenvolvidos.
  • Xerar un proxecto de comunidade en torno aos desenvolvementos para pequenas administracións locais.
  • Favorecer a creación de diversos modelos de negocio en torno ás solucións que permiten aos Concellos dispor do máximo número de provedores.

O proxecto atópase na primeira das fases que o compoñen, a fase de deseño, da que proveñen estes primeiros resultados presentados no Tecnimap, como é a web do proxecto ALIAL, á que lle seguirá en próximas datas, a publicación do primeiro resultado intermedio: A Guía de boas prácticas para a Licitación de Aplicacións ALIAL, que se atopa xa en fase de revisión e que será o primeiro fito cun impacto elevado nos concellos, especialmente nos pequenos, que desexen implantar software libre e compartir recursos.

Outros fitos desta primeira fase serán a definición do marco xurídico que ampare as relacións das Administracións públicas con ASOLIF mediante un Convenio de colaboración, a definición do Catálogo ALIAL de aplicativos para as administracións locais así como a definición do modelo de Comunidade e as ferramentas de xestión do proxecto.

Este proxecto naceu durante o II Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre, da proposta de diferentes empresas canarias lideradas por ESLIC, co apoio da OSL de la ULL, e o posterior apoio de todo o sector. Durante os seguintes meses, desenvolveuse un debate interno para acadar un modelo eficiente, transparente e integrador, que axudara aos Concellos a apostar por desenvolvementos a medida libres e abertos, interoperables e modulares. A colaboración nesta fase temperán de CENATIC e a ULL foi de moi importante para asumir os custos e o esforzo iniciais que calquera iniciativa como esta require, debido aos altos niveis de coordinación e difusión.

No vindeiro encontro de ASOLIF discutiranse os aspectos estratéxicos das seguintes fases do proxecto (Fase de incorporación ao proxecto, fase de execución e fase de comunidade) e tomaranse decisións máis complexas dos fitos en desenvolvemento.

Este III Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre terá lugar os vindeiros 23 e 24 de abril enmarcado no evento Software Libre: Comunidade e Empresa, patrocinado por Red.es. Terá lugar na ETSII da UPM, na Cidade Universitaria de Madrid.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal