O martes pasado foi presentada en Cáceres a ‘Guía básica del software de fuentes abiertas‘, unha publicación única no seu xénero para a divulgación masiva do software libre en todo o territorio nacional. No acto de presentación participaron o director xeral de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Junta de Extremadura, Rafael Martín, e a alcaldesa de Cáceres, Carmen Heras, quen aproveitou a ocasión para presentar o futuro Centro AldeaLab C3, no que tamén se desenvolverán proxectos de software libre.
A ‘Guía básica del software de fuentes abiertas’, publicada por CENATIC, supón un paso máis con respecto a outras iniciativas levadas a cabo no pasado desde diferentes ámbitos de diversas administracións autonómicas e algúns grupos de desenvolvedores, ao non tratarse dunha guía específica para unha determinada distribución concreta, se non que se trata da primeira guía xeral promovida desde a administración central para difundir, en todos os ámbitos e en toda España, os beneficios globais que se derivan do uso de calquera opción baseada en software libre…
Fonte:
http://www.laflecha.net
