Acaba de publicarse unha nova versión das bibliotecas Qt, a 4.6.0. As características máis destacadas desta versión das bibliotecas empregadas por proxectos como o contorno de escritorio KDE, inclúen:
- Compatibilidade con Symbian
- Framework de animación
- O framework State Machine
- Multi-Touch e xestos
- API de acceso a DOM
- Optimizacións no rendemento
- Efectos gráficos
- Validación de esquemas XML
- "enablers" de Qt3D
- Servizos Multimedia
- Novas Clases, Funcións, Macros, etc.
Qt é un framework de código aberto para o desenvolvemento multiplataforma que foi creado pola empresa Trolltech a comezos dos anos noventa. Nokia adquiriu esta empresa o ano pasado e deu pasos para facer o proxecto máis aberto e transparente. Nokia relicenciou Qt baixo a LGPL (unha licenza máis permisiva que a anterior), e moveu todo o desenvolvemento activo a repositorios públicos nun esforzo por animar a unha comunidade máis ampla á participación no proceso de desenvolvemento.
