Este pasado sábado día 28 anunciouse a dispoñibilidade da máis recente versión de Linux Mint, a versión 8, chamada “Helena”.
Este lanzamento inclúe numerosos arranxos de erros e moreas de melloras. En particular, esta versión inclúe as seguintes características novas:
- compatibilidade para instalacións OEM
- un novo xestor de subidas
- o menú permite configurar lugares personalizados
- o xestor de actualizacións permite definir paquetes que non queiramos actualizar
- melloráronse moitas das interfaces gráficas das ferramentas da distribución
Isto é só un resumo das novas características incluídas en Linux Mint 8. Para obter unha lista máis exhaustiva, podemos botar un ollo na lista de novidades de Linux Mint 8 Helena. Presentando a Edición Universal
A Edición Universal é unha versión personalizada da Edición principal, que presenta as seguintes diferenzas:
- Ven en formato DVD vivo, no cando de en formato CD vivo
- Inclúe compatibilidade para inglés, francés, español, alemán, italiano, sueco, danés, chino, coreano, portugués do Brasil, portugués de Portugal, árabe, húngaro, lituano, galego, holandés, ruso, polaco, noruegués, xaponés, ucraíno, romanés, esloveno, catalán, grego, checo, eslovaco, marathi, noruegués (nynorsk), croata, búlgaro, turco, hindi, finés, hebreo, serbio, bielorruso, vasco, e bosnio.
- Non inclúe códecs, compatibilidade con formatos restrinxidos, nin compoñentes propietarios.
- Inclúe un elemento extra no menú de “Son e Vídeo” que instala os códecs que non van incluídos empregando un ficheiro .mint xa incluído.
O propósito desta Edición Universal é ofrecer un sistema en vivo localizado para usuarios de Linux Mint non angloparlantes, e facilitar a distribución de Linux mint en países onde puidera haber problemas con patentes de software (Estados Unidos, ou Xapón).
Esta versión pódese instalar completamente en galego grazas aos esforzos dos voluntarios da comunidade do Proxecto Trasno.
