Despois dun ano de traballo presentouse a versión 2.0 da distribución GNU/Linux Musix. Esta distribución está orientada ao traballo de produción de son, á edición de vídeo e ao deseño gráfico. Ademais, é unha das poucas distribucións recoñecidas pola FSF como 100% libre de software privativo.
Esta nova versión, baseada en Debian 5.0 (Lenny), está dispoñíbel en formato de DVD vivo, con instalador, ou en formato USB, formato no que non incluirá un instalador, pero si a opción de gardar os nosos datos de xeito persistente. Musix 2.0 inclúe as seguintes melloras e novidades:
- Un mellor instalador e sistema de inicio
- Un manual de instalación actualizado, e instrucións para usalo dende o USB
- Núcleo Linux 2.6.29.4 RT "full PREEMPT" preparado para operacións de son en baixa latencia.
- KDE como escritorio predeterminado, con posibilidade de empregar GNOME, IceWM, Fluxbox, LXDE…
Tamén de inclúe un conxunto de aplicativos especializados, entre os que atopamos:
- Ardour 2.8.4
- Hydrogen 0.9.4
- Rosegarden 1.7.3
- Rakarrack 0.40.0
- Qtractor 0.4.2
- Bristol 0.40.6
- ZynaddsubFX 2.4
Fonte: vivalinux.com.ar
