Mancomún

Presentouse Blender 2.49

Martes, 2 Xuño 2009

BlenderRecentemente, anunciouse a saída da versión 2.49 do software de creación en tres dimensións Blender, que inclúe unha lista de características realmente impresionante, entre as que destacan:

  • VideoTexture: Este módulo permite manipular texturas durante o xogo. Pódense empregar texturas dende fontes diversas: ficheiros de vídeo, ficheiros de imaxes, captura de vídeo…
  • Melloras na velocidade do motor de xogo: conseguíronse melloras en varias áreas, como na optimización de obxectos estáticos nas esceas, ou na selección do campo de visualización.
  • Compatibilidade con JPEG2000
  • Engadíronse novos scripts en Python, como os xeradores de paisaxes, e efectuáronse correccións e actualizacións aos importadores e exportadores.
  • E moitas máis.

Blender é unha suite libre de creación de contido en tres dimensións. Con Blender pódese levar a cabo o modelado, renderizado, sombreado, articulación e animación de figuras tridimensionais. Ademais, Blender inclúe un motor de xogos, co que se poden desenvolver xogos completos en tres dimensións.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal