Mancomún

Presentouse Fedora 12

Martes, 17 Novembro 2009

Proxecto FedoraNun correo electrónico enviado por Paul W. Frields, empregado de Red Hat e líder do Proxecto Fedora, hoxe mesmo á lista de anuncios de Fedora pódese ler o seguinte anuncio sobre a nova versión da distribución, chamada Constantine:


Estou orgulloso de anunciar o publicación de Fedora 12, a última e innovadora distribución de Linux do Proxecto Fedora, unha sociedade global e colaborativa de membros da comunidade do software libre patrocinada por Red Hat.

Se non podes esperar para obter a distribución, simplemente visita:

http://get.fedoraproject.org

Se queres obter unha impresión rápida do destacado neste lanzamento, bota un ollo:

http://fedoraproject.org/wiki/Fedora_12_one_page_release_notes

O texto deste anuncio tamén se pode atopar en:

http://fedoraproject.org/wiki/Fedora_12_Announcement

No mesmo correo electrónico pódese atopar unha longa lista de novidades incluídas nesta nova versión da distribución, que inclúen as seguintes:

  • Rendemento optimizado: Todos os paquetes da arquitectura x86_32 foron compilados para sistemas i686, pero sen perder a compatibilidade coa gran maioría de procesadores
  • Actualizacións máis pequenas e rápidas: En Fedora 11 o plugin opcional “yum-presto” reduciu o tamaño das actualizacións ao permitir transmitir só os cambios dos paquetes actualizados. Agora ese plugin está instalado de xeito predeterminado.
  • Melloras na compatibilidade gráfica
  • Melloras no eido da virtualización
  • Informe automático de fallas e incidencias con SELinux

Pódese ver unha lista completa das melloras no wiki do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal