Pouco despois da terceira beta, anúnciase a primeira versión candidata de Xfce 4.6 . Se non se atopan erros graves, esta será a versión final (engadíndolle as actualizacións de tradución). Esta RC é a primeira liberación da versión 4.6, e vén cun instalador gráfico para os principais compoñentes e extras.
Xfce é un contorno de escritorio para sistemas operativos de tipo UNIX. Ten como obxectivos ser rápido e lixeiro, sendo ademais atractivo á vista e fácil de empregar.
– Plugin Verve (0.3.6)
– Plugin de rendemento de disco (2.2.0)
– Conmutador de mapa de teclado (0.5.2)
– Plugin temporizador (0.6.1)
– Plugin de data e hora con Calendar (0.6.1)
– Plugin lugares (1.1.0)
– Dispositivos de montaxe (0.5.5)
– Plugin de monitorización de correo (1.1.0)
– Plugin de notas (1.6.3)
– Plugin comprobador de espazo libre (0.4.2)
– Plugin cliente MusicPD (0.3.3)
– Plugin Wavelan (0.5.4)
– Plugin V4l radio (0.3.1)
– Capturador de pantalla (1.5.0)
– Xfburn (0.4.0)
– Taskmanager (0.4.1)
– Dicionario (0.5.2)
– Ristretto (0.0.21)
Pódese descargar esta versión candidata dende aquí .
