Mancomún

Primeira versión multiplataforma de MonoDevelop

Venres, 11 Setembro 2009
MonoDevelop MonoDevelop, o contorno integrado de desenvolvemento (IDE, polas súas siglas no inglés) deseñado principalmente para ser empregado con C# e outras linguaxes .NET, publicou a versión 2.2 beta 1. Esta é a primeira versión deste contorno de desenvolvemento con compatibilidade multiplataforma oficial, con versións para Windows e Mac OSX.

Entre as características máis destacadas desta nova versión deste aplicativo atopamos:

  • A compatibilidade coas citadas plataformas Windows e Mac
  • Compatibilidade con múltiples runtimes
  • Configuración de formatado dependente do tipo MIME
  • Varias melloras no editor de texto
  • Un novo motor de refactorización de código, con novas funcións
  • Cambios no control de versións
  • Compatibilidade inicial con .NET 4.0
  • Cambios no depurador

E moitos máis cambios e melloras, que se poden consultar na páxina de novidades da versión.

MonoDevelop, que xurdiu como unha adaptación do contorno de desenvolvemento SharpDevelop a GTK+ a finais de 2003, é actualmente parte do proxecto Mono.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal