Os relatorios versarán sobre o actual marco legal da informática e a información, a fenda dixital, a política interna da USC sobre licenciamento de contidos, privacidade e protección de datos, e propiedade intelectual.
Considéranse de interese para:
- Investigadores, programadores e creadores de contidos de calquera clase que teñan ou queiran decidir sobre o modelo de licenciamento do seu traballo.
- Estudantes de Informática e informáticos que busquen unha visión de conxunto dos aspectos legais da sua profesión.
- Estudantes de Dereito que busquen especialización en dereito de internet, da propiedade intelecutal e das novas tecnoloxías.
- Interesados no estado actual da lexislación e xurisprudencia sobre propiedade intelectual, privacidade e protección de datos.
- Interesados sobre os aspectos xurídicos da aplicación e validez de licencias libres no marco xurídico do estado español.
Podese atopar o programa completo, as datas e o formulario de contacto na páxina web das xornadas:
