Processing é unha linguaxe e contorna de programación de código aberto baseada en Java, de moi sinxela utilización e que serve como medio para a ensinanza e produción de proxectos multimedia interactivos artísticos e de deseño dixital.
Processing está creado por artistas e deseñadores gráficos e é unha das mellores alternativas ante Lingo, a linguaxe de programación de Macromedia Director.
Algúns exemplos do que se pode facer con Processing pódense atopar na seguinte ligazón http://processing.org/exhibition/index.html
Actualmente o Museo da Universidad de Alicante esta levanzo a cabo uns talleres sobre Processing, Pure Data e Arduino, este último, proxecto irmán de Processing.
Un exemplo dun traballo feito con Processing…
Roots
Pure Data
Pure Data (ou Pd) é unha linguaxe de programación gráfica para a creación sonora interactiva e de obras multimedia. Pd tamén é un proxecto de código aberto que conta cun grande número de extensións. Coa introduccón de GEM e outras aplicacións externas é posible crear e manipular son, vídeo, gráficos OpenGL, imaxes, etc.. en tempo real con infinitas posibilidades de interactividade con son e sensores externos de movemento, luz, proximidade, etc…
Arduino
Arduino é unha plataforma de hardware aberta baseada nunha sinxela placa e nun contorno de desenvolvemento que implementa a linguaxe Processing/Wiring. Un chip sinxelo e debaixo custe que permite o desenvolvemento de contornos multimedia. Si combinamos Arduino con Pure Data contamos coas ferramentas necesarias para construír instrumentos musicais electrónicos baseados na interacción co mundo físico. Esta é a placa máis usada para a creación de instalacións multimedia interactivas en arte contemporáneo.
