Mancomún

Proxecto "Show and Tell" de Google

Venres, 30 Setembro 2016

Goggle researchO pasado mes de maio xa falabamos de SyntaxNet o parser sintáctico de maior precisión do mundo, desenvolvido sobre TensorFlow e baixo termos dunha licenza libre.

Pois ben, Google vai un paso máis alá agora cos resultados do proxecto “Show and Tell” que fai que o motor de intelixencia artificial inclúa incorpore unha pequena descrición sobre o que está acontecendo na imaxe amosada. Tamén usando a mesma tecnoloxía Open Source

Esta construción de intelixencia artificial tamén usa TensorFlow e despois do adestramento da intelixencia con exemplos humanos estanse obtendo tempos de resposta de 0.7 segundos por procesado de imaxe o que é unha bóa mostra da potencia do mesmo.
As aplicacións prácticas desta tecnoloxía son moi diversas como se pode intuír pero hai unha que pode destacar entre todas e que sería a de mellorar a accesibilidade da Web permitindo unha autoexploración do contido gráfico das páxinas permitindo ao navegador ofrecer unha descrición alternativa para persoas discapacitadas.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal