Mancomún

Proxectos e tecnoloxías baseadas en Software Libre que darán que falar no 2009

Mércores, 3 Decembro 2008

Btrfs

Está a piques de chegar xa ext4, a nova versión do sistema de ficheiros máis estendido no mundo GNU/Linux. No entanto, ext4 segue sendo un sistema de ficheiros “da vella escola” e non ofrece novas características como os “snapshots” en liña, versionado e máis cousas. Estas novas características si que son ofrecidas por ZFS pero non é unha opción para contornos GNU/Linux por motivos de licenciamento.

Btrfs é un novo sistema de ficheiros que si prové estas características e que moitos desenvolvedores do Kernel de Linux piden que se inclúa no mesmo para acelerar o seu desenvolvemento. Durante o próximo ano espérase que se estabilice o formato de sistema de ficheiros e que publiquen unha versión beta para probas.

oVirt

oVirt é unha pequena imaxe dun servidor que prové servizos libvirt e que fornece máquinas virtuais. Ademais posúe un sistema de xestión baseado en web. O obxectivo deste proxecto é proporcionar ás empresas un servidor de máquinas virtuais listo para funcionar e que sexa capaz de manter desde grandes clústers cunha grande cantidade de máquinas virtuais ata configuracións moito máis simples…

No 2009 espérase que estea dispoñible a primeira versión beta para probar oVirt, e se hai sorte incluirá openfiler para facilitar a xestión do almacenamento

OpenGL 3.0

O lanzamento de OpenGL 3.0 este ano foi unha sorpresa xa que o proxecto parecía estar detido. No entanto tampouco está moi claro si esta será ou non a última versión de OpenGL. Do que non hai dúbida e de que máis tarde ou máis cedo acabará chegando a todas as distribucións de GNU/Linux.

Gallium

Gallium3D é unha biblioteca para aceleración gráfica 3D que ten como obxectivo facer que o desenvolvemento de drivers sexa máis fácil. No 2009 unha primeira versión preliminar podería adiantar a aparición de drivers específicos para Gallium3D.

KDE 4.3

Actualmente, o xestor de información persoal (PIM) de KDE está nunha difícil situación: Kontact é un dos mellores clientes de traballo en grupo; mais nunca foi deseñado para traballar só, e usalo actualmente pode ser unha odisea. Para arranxar isto lanzouse Akonadi, que en KDE 4.2 traballa por primeira vez en conxunto con Kontact.

Da man do novo Akonadi no 2009, deberiamos ver un revolucionario cliente de groupware en KDE 4.3, capaz de traballar cun amplo rango de servidores e plataformas.

Qt en móbiles

Este ano comezou coa nova de que Nokia adquiriu Trolltech e fai pouco anunciouse que Qt xa se pode executar nos Symbian S60. Cun pouco de sorte, os primeiros dispositivos de Nokia con Qt e unha interface táctil chegaran no 2009. Cun pouco máis de sorte, cabe a posibilidade da execución de KDE nestes aparellos.

GNOME 3.0

Neste verán, os desenvolvedores de Gnome comezaron a planificar o desenvolvemento da súa gran próxima versión: Gnome 3.0. Actualmente non transcendeu moita máis información, mentres esperamos a primeira versión alpha de GTK 3.0 no 2009 para ver en que dirección apuntan Gtk+ e Gnome e como vai o proceso de transición.

 

Fonte da nova:
http://liquidat.wordpress.com/2008/12/01/the-open-source-year-2009/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal