Mancomún

Proxectos para o ano novo na Forxa

Martes, 20 Xaneiro 2009

Houbo moito movemento na forxa este Nadal. Entre os novos proxectos que se rexistraron ultimamente podemos atopar os seguintes:

  • OpenRFID: OpenRFID proporciona un middleware, que actúa entre os artigos portadores de etiquetas RFID, e os sistemas de información que procesan esta información. Permite procesos como controis de acceso, xestión de almacéns, localización de artigos, etc.
  • Sistema de xestión de asignaturas ECTS: sistema multiusuario, multiorganización e multicontrato para a xestión académica de materias das titulacións universitarias
  • XAS- Sistema de Autenticación Estensíbel: Ferramenta orientada a grandes organizacións que lles permitirá aos administradores autorizar ou restrinxir o acceso dun determinado usuario a un equipo concreto dun laboratorio específico.

Ademais, rexistráronse varios proxectos consistentes en extensións para o xestor de contidos Typo3: Corunet Typo3, typo3-redegal, Agasol Typo3, Extensión Typo3 rg_extraslugares,Extensión Typo3 alumnos, …

Typo3 é un framework para a xestión de contido web, así coma un CMS baseado nese framework. Existen multitude de extensións para typo3, que dunha forma ou outra amplían as caracteríasticas deste CMS.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal