O grupo de Python Vigo realiza reunións periódicas nas que teñen lugar charlas, obradoiros e actividades.
Nesta nova ocasión, cambian o lugar da celebración, pasando a facerse no local de A Industriosa, na rúa Barcelona, 13.
As actividades, que empezarán a partir das 20.00, son as seguintes:
- Charla: “Empeza a usar conda e non mires atrás” por David de la Iglesia. Introdución a conda, comparación coas alternativas e exemplos de uso.
- Charla: “Usando os GPIO da Raspberry Pi con Python” por David Lorenzo. Demostración dos usos básicos que podemos darlle aos GPIO da Raspberry utilizando a librería gpiozero de Python.
- Lightning Talks: Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Tedes máis información e formas de contacto en: https://www.python-vigo.es/posts/reunion-del-grupo-el-20190321/
Fonte orixinal do logo: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
