A semana que vén darán comezo varios cursos de Software Libre en diferentes puntos da xeografía galega. Estes cursos están organizados pola Rede de Dinamización en colaboración con mancomun.org e os organismos onde desempeñan a súa labor os dinamizadores de dita rede.
Aí o vindeiro 31/03/08 terá lugar no Concello de As pontes o Curso de OpenOffice.org Calc. Terá unha duración de 15 horas que se impartirán de luns a venres de 17:00 a 20:00.
O día 02/04/08 comeza no Concello de Ames o Curso de facturación con SwL cunha duración de 24 horas impartidas os luns, mércores e venres de 19:00-21:30.
Finalmente o 03/04/08 dará comezo o Curso de bases de datos con OpenOffice.org no Centro Comarcal de Valdeorras cunha duración de 40 horas que se impartirán de luns a venres de 20:00 a 22:00.
Máis información: Rede de dinamización
